• Grúas Fuerte
  • +34 986 58 35 47
  • 36580 Merza - Vila de Cruces (Pontevedra)

Subvencións Industria Forestal Galega

A Axencia Galega da Industria Forestal convoca SUBVENCIÓNS de valorización das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega.-

Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (peme) do sector da industria radicadas en Galicia que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outros produtos forestais procedentes do monte.

Poderán ser subvencionables os proxectos de investimento que teñan como obxectivo aumentar a competitividade mediante procesos produtivos ou técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados favorecendo a minoración do impacto ambiental.
Considéranse subvencionables os seguintes investimentos:
– Compra de maquinaria nova, sempre que esté adscrita a procesos produtivos novos ou a elaboración e fabricación de novos produtos, técnicas de secado, preparación ou tratamento que supoñan á valorización de produtos existentes, incrementando o seu valor ou a extensión do seu catálogo.
– Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención
– Tecnoloxías da información e comunicación (TIC) expresamente ligados aos procesos de valorización ou á produción de novos produtos ou técnicas que incrementen o valor unitario de seus produtos ou o seu catálogo
– Outros bens de equipamento que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto
– Proxectos ou estudos de enxeñaría, ou deseño adscritos aos procesos ou técnicas anteriores, sempre que se acrediten xunto con investimentos en procesos produtivos

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 7 de setembro de 2018

Fonte: xunta.gal

www.xunta.gal